Texto: Federico Pérez
RIBARTEME
-Mamá, de onde vimos?
-Do lugar ao que habemos de volver, miña filla.
-…
A morte hai que honrala, se cabe, máis do que honramos a vida. De onde eu son, din os vellos que a morte hai que tela contenta para cando nos toque ir. En Galicia celebramos a morte como non se celebra en moitos outros lugares. Quen foi a un velatorio dos que se facían antes nas casas sabe do que falo. Por veces, parece unha festa. E que se fai nas festas? Celebrar. Miña avoa dicía que non lle tiña medo á morte. “A morte sabemos que, un día ou outro, chega. A vida pode dar moito máis medo”.
En Ribarteme mestúrase a vida, a morte, a enfermidade, a curación, a fe, a desesperación, as crenzas, o pagán, ... A Santa Marta acoden miles e miles de devotos agardando un milagre, un milagre coma o que se obrou para que Lázaro volvese á vida. O que esperan oír mulleres e homes na súa desesperación é "levántate e anda".
Por iso se honra a morte en Galicia, porque forma parte da vida. En poucos lugares do mundo conviven o vivir e o morrer coma aquí: a Santa Compaña, os aparecidos, as ánimas que vagan esperando que a súa penitencia sexa resolta,…
Memento, homo, quia pulvis es, et in pulverem reverteris.
Cookie | Duración | Descripción |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |